domingo, 22 de abril de 2007

O pacto de Lestrove




O pazo da Hermida acolleu onte ós vecinhos desta aldea lestrovenha, que acudiron a un acto en conmemoración do Pacto de Lestrove dos anos 30. Este evento, organizado polo BNG do concello, contou coa presenza de Bieito Lobeira e Xosé Luís Axeitos, escritor de Asados e grande admirador de Luís Seoane.
Este foi o 3º ano consecutivo que se celebrou a dita conmemoración. O ano anterior, os vecinhos da aldea escoitaron atentamente as palabras que tan ben artellaba Carlos Aymerich. Mais Bieito Lobeira non foi menos, as súas verbas prenderon a atención de todos, dende a dos máis novos ata a dos maiores.
Falouse da historia desta nosa patria: ocupación territorial polos romanos, reino suevo, Esplendor da literatura galega, Doma e Castración do reino de Galiza, Séculos Escuros, loita polo Renacemento, e loitas continuas polo reconhecemento de Galiza como o que é, unha nación. Foron palabras moi doces por parte de ambos os dous. Non faltaron por suposto as mencións de Castelao e Aleixandre Bóveda e incluso a dona do pazo se ergueu para ler un fragmento de Sempre en Galiza.
B. Lobeira, como representante político, fixo unha valoración breve dos Estatutos de Autonomía (o do 36, o do 81 e a nova proposta de Estatuto). Fixo unha comparación entre eles e contou unha anécdota que chamou especialmente a minha atención. En troques de reconhecer a Galiza como nación, a proposta dende fóra para o novo Estatuto era: Rexión histórica de tradición cristiana xacobea (con perdón, pero......hai que foderse,eh????).
Xa para rematar a "postagen" de hoxe, quero escribirvos textualmente unhas das moitas fermosas palabras de Lobeira: "Nós non tivemos un William Wallace, pero si tivemos un Mariscal Pardo de Cela que morreu decapitado co seu fillo en 1483 nun acto público, ó igual que Wallace. Deberiamos tamén nós recordalo sempre como fan os escoceses co seu heroe William".

2 comentários:

Xan Guindán disse...

Ben, todo moi bonito até que chegas ao de Pardo de Cela. Non creo que o haxa que honrar. Era un señor feudal que tiña tiranizado ao povo, e non morreu nen por Galiza nen polos galegos. Decapitárono por defende-los seus dereitos feudais.

QUE VIVA A REVOLATA IRMANDIÑA!!!

Veraeikon disse...

Tes moita rasón!Foi un tirano tm,eh?Mirando para o cú del coma todos!Bueno, a verdá é q o día q chejei do acto vinha aljo embobada coas palabras tan bonitas q soltaron da nosa terrinha e....non sei!Quizais foi a metáfora q usou a q me justou,pero bueno, Pardo con Wallace tampouco foi a mellor comparasión!
Mil beijos desta verdadeira imaxe,xan!