sábado, 21 de abril de 2007

Aquí comeza Veraeikon


Veraeikon é a orixe do meu nome. Un nome que me deparou certas sorpresas, pois Veraeikon ou Pherenike ( o seu correspondente en grego) tenhen uns significados un tanto especiais. Portadora da vitoria dicían os gregos, e verdadeira imaxe ou imaxe verdadeira, os latinos. De todos os xeitos, un simple nome non di nada do que unha persoa é, e non penso eu que meus pais estiveran debatindo logo do meu nacemento para porme un nome que describira a minha personalidade. A vós, os que me conhecedes, deixovos a oportunidade de criticar a minha personalidade.
Intentarei que pasen por este espazo verdadeiras imaxes, e non só me refiro a aquelas persoas que tenhan o mesmo nome ca min, senón a todos vós, pois cada un de vós sodes verdadeiras imaxes para min.
Polo de agora, déixovos unha imaxe verdadeira, unha obra de arte que me namorou dende a primeira vez que a vin, a Venus de Milo.

6 comentários:

Xan Guindán disse...

Ben, alédame se-lo primeiro en darche os parabéns por entrar no mundo dos blogues. A verdade, é que si lle das continuidade pode ser un pasatempo moi entretido, e gratifica moito cando tes un grupiño de lectores habituais. Para rematar dicirche que me gusta moito como o tes e o que pos, e que xa che ensinarei a facer un par de caralladas para que quede máis bonito.

GALIZA CEIBE E SOCIALISTA

Veraeikon disse...

Ohhhhhhhh, tenho q falar como o fajo eu sempre,eh???=:) Jrasiassssssss!!!!Xa me aprenderás,si!Vaia!Ti serás una das verdadeiras imaxes!Q ben!
Un beijinho moi forte!

Anónimo disse...

Os blogues en galego arrecenden dunha maneira especial.. Rezuman amor pola terra e enfeitizante cunha maxia literaria que dá conta das nosas experiencias persoais neste noso pequeno mundo.
Saudiños my dear Pherenike, agardo máis destas bonitas palabras que enredas nunha alegre sinfonía de sentimentos ^^

Un biko moza :D
PS: qué ben! son a segunda en comentar, yay!!

Veraeikon disse...

Canta rasón me tes no que dis,minha rula!É q o galego xa é espesial de seu: unha lingua musical,cuns sons extraordianrios e q transmite tanto...!!!! Sije ajardando q tentarei q as minhas palabras sijan tirando dos teus comentarios. Sen máis, un saudinho e mil beijinhos de corasón. Vémonos, pícara! =;)

Zape (entre outras muitas cousas) disse...

Weno, q dicir... Outra persoa máis q cae nas garras disto q chamamos mundiño dos blogues... A verdade é q é moi adictivo, pra q o hei negar. Ter un lugar dende o q asomarse ao mundo e no q verquer todo iso q gardamos no cachiño de ialma q chamamos andrómenas... En fin, xa estou desvariando, coma sempre. Así q mellor me despido animándo-te a seguir poñendo por aquí o q te coma por dentro (o q aforro eu en psicoanalistas, oes). Bikos.

Saude e terra. Bastos fóra.

Unknown disse...

Ola moza:

Hoxe entrei por primeira vez, e debo dicir que por casualidade, no teu blog, e é MARABILLOSO.
Sigue amosando ao teu xeito a ialma que levas dentro, non canses; e se cansas, descarga parte do teu peso no noso lombo, pero dura. Esa é a clave: a eternidade do momento para vivir eternamente cada segundo.