terça-feira, 24 de abril de 2007

Entre vivir e sonhar


Nesta etapa da minha vida cóstame ás veces diferenciar entre o que é real e o que é unha imaxinación; entre o que é a vida diaria ou un sonho nocturno.
A vida real distínguese da imaxinaria porque podes observar o transcorrer do tempo ó teu arredor; podes tamén facer uso dos cinco sentidos: ulir unha flor, mollar as mans, sentir o pracer de saborear unha boa mazá verde...
Porén, nos sonhos non podes facer moitas destas cousas. Tentas de correr pero as pernas non obedecen, queres berrar pero a gorxa non artella nin un só fonema...
Mais... por que algunhas veces isto aparece difuminado e mesturado como se Leonardo da Vinci empregara a súa técnica do sfumatto? Non sei se a vós vos pasou, pero hai tantas veces que os sonhos son tan reais!!!! Si, un pode sentir ese pracer de come-la mazá, pode senti-la ansia dun amor que non cre posible; pode tamén senti-la calor que unha man namorada desprende e pode incluso ver suar como na vida real.
A todos os que vos sentides coma min, só quero dicirvos que esas imaxes dos sonhos son imaxes verdadeiras e que se poden converter en realidade. Nunca digades que ningunha estrela esvaecida dos vosos sonhos poderá formar parte do conxunto da vida real que vos rodea. Só tedes que aprender que entre vivir e sonhar anda a realidade.

4 comentários:

Zape (entre outras muitas cousas) disse...

Sinceramente, Vero. Este texto é precioso.
Saude.

Anónimo disse...

Sabes mesturar ben as palabras de esa pócema túa que nos enfeitiza a todos ^^^^

Quérote moito rula :)
(ala, xa non che din tempo a prejuntarmo haha xD)

Veraeikon disse...

Joooooo,nena!Pois hoxe aljien da minha clase me chamou hippie como flores, e tm ñoña!Hai q ver, a verdá é q onte estaba feita unha merda por culpa de meu pai, vamos, q xa sabes como é!
Menos mal q no mundo hai porquinhas coma ti q se crusan comijo =:)
Mil bicos "pequeno duendecillo gótico" =;)

Veraeikon disse...

Jrasias a ti tm, Paco!Q se me olvidou!=:)