quinta-feira, 26 de abril de 2007

Días sen moito sentido


Hoxe foi un día un tanto raro!Cheo de sensacións,iso si!Risas no coche de caminho á facultade coa minha copilota =;) , sono, cansazo e aburrimento nalgunhas clases, malentendidos con xente q aprecio realmente (ben ententidos finalmente,verdade?), logo outro período de risas durante a comida, saúdos gratos con xente grata, miradas escapadas que buscaban un obxectivo ideal (ese obxectivo que a mente e os ollos saben)...
Logo, cabreo nun atasco sen sentido, dor de cabeza e, por conseguinte, máis mal humor, dozura na chegada á casa (só ó ver ó avó máis preciado desta terra e ó mellor irmán do mundo), confianza e seguridade nas conversas fraternais que a miúdo temos Fa e eu...
E por último, indignación, enfado, baleiro interior, choros, bágoas, ganas de fuxir, escapar... O alcol volve ser o axente das discusións entre un pai que non remata de entender e unha filla que xa non sabe como actuar.
Agora soamente me queda o sentimento de seguridade e calma que sinto cando me refuxio neste pequeno espazo. A vós, os que sempre estades aí e me aturades tal e como son, soamente tenho que darvos as grazas. O sentimento que sinto cando penso en vós é indescriptible, non hai palabras nin imaxes verdadeiras que poidan describir o peculiar que sodes todos e cada un de vós. Un saúdo desta verdadeira imaxe que hoxe non se sinte Pherenike.

4 comentários:

Zape (entre outras muitas cousas) disse...

O meu nunca foi dar consellos, pero sabes que entendo o que sintes. Hai cousas ante as cales soio nos resta ser fortes, e dende logo eu sei que ti o es. As batallas gáñan-se dia a dia, anque eses dias non teñan moito sentido. E sabes que aquí estamos todos. Bicos

Veraeikon disse...

Jrasias outra ves,Paco.O de ser forte inténtase pero..........non sempre se consije. Menos mal q ultimamente me soa o telefono e escoito unha vos q me tranquilisa e dá forsa!Jrasias polo comentario.Bicos

elpasado disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
Xan Guindán disse...

Adiante Pherenike. Sempre adiante