- AS GUERRAS MÉDICAS
O imperio persa (baixo o goberno de Ciro o Vello) ampliara considerablemente os seus territorios e chegou ás cidades xonias de Asia Menor. Estas tiñan que pagar un elevado imposto e a situación era asfixiante, facéndose insostible cando o Gran Rei controlou os estreitos. Os grupos oligárquicos (apoiados polo rei persa) chocaban coas aspiracións democráticas destas cidades (artesáns e comerciantes). A saída era liberarse dese xugo ou dominio persa.
Para iso, pediron axuda á Grecia continental, pero só os atenienses e os habitantes da illa de Eubea lle enviaron reforzos. Esta sublevación foi reprimida polos persas e Mileto foi destruída.
Dende este momento, os persas dedicáronse a intentar controlar a Grecia continental. Pretenderon castigar a Atenas e a Eubea por apoiar a Mileto. As diferentes "poleis" ou cidades-estado non se mostraron unidas ante o perigo persa debido á fragmentación política do mundo grego. Logo de ter sometida á maior parte do norte de Grecia, os persas chegaron á chaira de Maratón no 490 a.C. e aquí, os atenienses venceron capitaneados por Milcíades.
Darío (o rei persa do momento) morre e é Xerxes o que se encarga de prepara-la seguinte expedición. Agora atenienses e espartanos aliáronse contra o inimigo persa coa firma da Alianza Panhelénica. Nas Termópilas, Leónidas sacrificouse con 300 espartiatas para permitir a retirada do resto do exército grego. Os persas arrasaron Atenas pero foron derrotados na batalla de Salamina (480 a.C.) grazas á estratexia naval de Temístocles. Son derrotados por terra na batalla de Platea. Os gregos marcharon cara Asia Menor co fin de liberar as cidades sometidas e en Micale incendiaron o que quedaba da flota persa.
Os grupos máis reaccionarios asasinaron a Efialtes no 461, pero non puideron evitar que fose substituído por outro político da mesma tendencia, Pericles. As reformas de Efialtes-Pericles non eran gratuítas: supoñían un recoñecemento ó papel que o pobo ateniense tivera na defensa da cidade contra os persas. Ademais, Pericles contou sempre co apoio incondicional do pobo, especialmente dos artesáns e comerciantes, que vían como o seu nível de vida melloraba vertixinosamente como consecuencia da creación da Liga de Delos ou Liga Délica (a presenza dos persas no mar Exeo e o control dos estreitos conduciron ás cidades interesadas en expulsar ós persas a crear outra liga con centro en Delos; Atenas tiña unha posición hexemónica). As causas desta bonanza económica pódense resumir nos seguintes puntos:

- A DEMOCRACIA RADICAL: as reformas de Efialtes e Pericles

-o comercio co Exeo acadara un desenvolvemento descoñecido
-a posición militar de Atenas favorecía o incremento da escravitude, o que permitía ós atenienses dedicarse con maior liberdade á política e ás actividades culturais
- a política de obras públicas, ademais de embelecer a cidade, evitou os problemas derivados do paro e impulsou o sector artesanal
É así como comezan as presións de Corinto e Megara sobre Esparta para frear a expansión ateniense. Aínda que a Esparta non lle interesaba o comercio, o debilitamento das cidades aliadas non a beneficiaba.
-intenta a defección dalgúns membrs da Liga Délica.
-aproveita as tensións políticas en Atenas.
-fomenta os grupos oligárquicos que se fan co poder durante uns meses.
No ano 406 a.C., parece que Atenas volve ter o control da guerra, pero no 404, os espartanos poñen fin á contenda dirixidos por Lisandro na batalla de Egospótamos, onde sorprenden ós atenienses en pleno abastecemento.
Esparta recuperou a súa hexemonía (do séc. V a.C.) e promoveu gobernos oligárquicos que descontentaba ás cidades gregas.
A axuda que Esparta recibira dos persas nos últimos anos de guerra esixía a cesión das cidades gregas de Asia Menor. Isto desprestixiaba a Esparta. A expedición dos Dez Mil é o primeiro eslabón do cambio da súa política. Esparta dirixe o exército mercenario dos Dez Mil ó interior de Persia co fin de axudar a Ciro o Novo a conseguir o trono contra o seu irmán Artaxerxes II. Ciro morre na batalla da Cunaxa e as tropas quedan dispersas, entre as que están as gregas, que volven a Grecia baixo o mando de Xenofonte. A partir de aquí, Esparta e Persia enfrontaranse polo control das cidades minorasiáticas.
Persia anima a restauración da democracia nalgunhas cidades co fin de provocar choques entre Esparta e as cidades sometidas. O rei remata estes enfrontamentos cando, temendo a recuperación das "poleis" gregas, obriga a firmar a Paz do Rei (386 a.C.) mediante a cal Persia controla Asia Menor e Esparta volve á súa hexemonía primitiva.
Pero as cidades sometidas a Esparta non estaban dispostas a soportar reximes oligárquicos e sublévase Tebas e logo Atenas, que constrúe a Segunda Confederación Ateniense. A vitoria dos tebanos marca un breve período de hexemonía tebana.

- AS GUERRAS DO PELOPONESO (431-404 a.C.)
É así como comezan as presións de Corinto e Megara sobre Esparta para frear a expansión ateniense. Aínda que a Esparta non lle interesaba o comercio, o debilitamento das cidades aliadas non a beneficiaba.
- Guerra Arquidámica (431-421 a.C.): comézaa o rei espartano Arquídamo. Esparta invade a Ática e os atenienses, que saben que Esparta é superior por terra, refúxianse na cidade coa intención de enfrontarse ó inimigo por mar. Segundo a estratexia de Pericles, a cidade non sufriría problemas de abastecemento grazas ós Muros Longos que unían co porto do Pireo. Pero brotou a peste e morreu moita poboación, entre ela, Pericles. Sucesión de éxitos e fracasos polos dous bandos. Ó final, fírmase un tratado de paz (a Paz de Nicias) onde se recoñece a situación que cada cidade tiña antes da guerra. Mala posición para Corinto e Megara.
- Expedición a Sicilia: a pesar do tratado, Atenas posúe certa hexemonía debido á expansión constante do seu comercio. No 415 a.C., Alcibíades (contrario ó tratado) logra a aprobación dunha expedición a Sicilia para liberar ás cidades aliadas da hexemonía de Siracusa. A expedición foi un fracaso e serviu de pretexto para que os espartanos axudasen ós siracusanos. Os inimigos de Alcibíades utilizaron a súa ausencia para acusalo de sacrilexio pola mutilación das estatuas de Hermes. Non regresou a Atenas e colocouse baixo a protección de Esparta, de onde tivo tamén que fuxir polos receos que espertaba. Aliouse logo cos persas e animounos a crear enfrontamentos entre atenienses e espartanos para debilitalos. Non deixou de conspirar para recuperar o poder na súa cidade. Máis tarde, volta a Atenas pero os inimigos arrebátanlle o poder e volve ser desterrado. Morre por orde dos persas aliados cos espartanos.
- 3ª etapa: é levada de forma intelixente por Esparta:
-intenta a defección dalgúns membrs da Liga Délica.
-aproveita as tensións políticas en Atenas.
-fomenta os grupos oligárquicos que se fan co poder durante uns meses.
No ano 406 a.C., parece que Atenas volve ter o control da guerra, pero no 404, os espartanos poñen fin á contenda dirixidos por Lisandro na batalla de Egospótamos, onde sorprenden ós atenienses en pleno abastecemento.
- CONSECUENCIAS DA GUERRA