sexta-feira, 12 de outubro de 2007

¡DO ÍNTIMO!


Abro os ollos de súpeto no medio da noite. Suor frío, gorxa seca e bágoas percorrendo as miñas meixelas. O corpo treme por unha fracción de segundo sen poder evitalo. Quero pór a mente en branco, non pensar en nada, pero é inevitábel. É incríbel a forza que pode ter o pensamento humano, en ocasións é indomábel.
Póñome a pensar a razón desa reacción a estas horas da noite e decátome de que estaba a soñar. Soñar? Fan os soños cousas coma esta? Ou era se cadra un pesadelo? Non, non podía ser un pesadelo, pois un pensamento dóce e instantáneo recórdame que ti eras o suxeito do meu subconsciente.
Es un intruso, estasme a roubar todo: os momentos a soas, as cavilacións motorizadas, os almorzos solitarios, a música lenta que soa mentres paso unha mopa polo meu cuarto e agora, incluso o sono! Mais, ó mesmo tempo, compartes comigo eses meus momentos a soas, esas cavilacións motorizadas, eses almorzos solitarios e eses momentos de limpeza, facéndome mellor compaña que a simple mopa e a pousada música á que rara vez presto atención.
Párome a pensar un anaco e doume conta de que aquí estás outra vez, comigo, no medio dunha noite que semella longa. Dou unha volta na cama, saco os brazos por riba da saba, limpo as bágoas, pecho os ollos e desexo volver espertar cun recordo tan simple e complexo á vez.

6 comentários:

FiestraBaldeira disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
FiestraBaldeira disse...

Non quero que esteas así por un sentimento tan bonito como é o que sintes. Ese sentimento tenche que facer espertar,pero dun sorriso...Tes que saber que para aquelas cousas que non sexan a limpeza,a soidade, ou a música lenta, onde el xa está presente, estarei eu, o amigo que nunca perderás, para facerche sorrir sempre que poida.Moitos Bks.



FiestraBaldeira

Veraeikon disse...

Ti sempre me fas sorrir,meu sol! A verdá é q xa non me podo imaxinar a miña vida sen un amijo coma ti ó meu lado!
E xa sabes q o sentimento é bonito, q me fai sentir ben! Pero ás veses..........a unha dáselle por escribir cousas q bueno, pasan pola cabesa no momento de ter un papel en branco diante das narises. Non te preocupes!
Ah! E a ti tm te teño presente cando limpo e cando almorso e cando escoito música, es un amijo EXCEPCIONAL!!!!!!! e é normal q te pense, sobre todo cando escoito a cansión q nos justa tanto do Bar Coyote ("You can try to resist, try to hide from my kiss. But you know, but you know that you............"sije ti anda,hehe) A ver se nos sae ben esa idea e esa proposta o martes. Se é así estarei contenta de compartila contijo! Vai ser unha experiensia moi boa!

Biquiños para o meu pichurriño favorito!!!!!!Mira q es juapo!!!

amarante disse...

moi moi bonito

Veraeikon disse...

Anda, fasía moito q non vinha por aquí, pero mira por onde...tenho un comentario de amarante! OMG! hehe. Justouche? Se é q tm tenho o meu lado sensíbel,ho! Haha.
Biquinhos e vou ver se ti escribiches aljo por aí no teu!

Bicos enxebres!!! ;)

Mario disse...

Querida amiga... ¡¡Qué lástima y qué pena!! perderme de tan bellas palabras por no disponer mejor de mi tiempo, así como también me he perdido de muchas cosas propias de tí, que más creo, han hecho que te olvides de éste personaje. Déjame felicitarte por como plasmas tu apasionado sentir en lo que escribes -es muy difícil por cierto-. Aunque no hablo Gallego pero a duras penas creo entender, permitiéndome así el poder deleitar mi mente, mi escencia y mi ser con tan bellos escritos, cual finos lienzos fuesen, propios de una gran obra de arte, traídas al plano físico gracias a las manos prodigiosas del autor que en el taller de lo abstracto las creó -en éste caso... tú-. "Do íntimo" (creo que lo titulas: "Desde el alma" y porfavor dime si me equivoco) muy bello poema, serás mi escritora favorita de aquí en adelante.
Cuídate mucho, besos y hasta pronto.