domingo, 8 de julho de 2007

Unha das revolucións de 1820-1830


Proclamación da independaencia grega:

"Nós, descendentes dos sabios e nobres pobos da Hélade, nós que somos os contemporáneos das esclarecidas e civilizadas nacións de Europa, nós que contemplamos as vantaxas de que gozan protexidas polo impenetrable escudo da lei, non podemos xa sufrir sen covardía e autodesprezo o xugo cruel do poder otomano que nos someteu por máis de catro séculos; un poder que non escoita razóns e non coñece ningunha outra lei que a súa propia vontade, que o ordena e dispón todo de maneira despótica e de acordo co seu capricho. Despois desta prolongada escravitude, decidimos recorrer ás armas para vingarnos e vinga-la nosa patria contra unha terrible tiranía cuxa esencia mesma é inicua, un despotismo sen paralelo co que ningún outro pode compararse (...)
Construíndo sobre os cementos dos nosos dereitos naturais e desexando asimilarnos ó resto dos cristianos de Europa, os nosos irmáns, iniciamos unha guerra contra turcos ou, máis ben unindo as nosas forzas illadas, convertémonos nun único corpo armado, firmemente resolto a obte-lo noso fin, a gobernarnos a nós mesmos por leis xustas, ou a ser totalmente aniquilados, pois non cremos que sexa digno de nós, descendentes dos gloriosos pobos da Hélade, seguir vivindo en estado de escravitude, situación que convén a animais irracionais e non a seres racionais".
Asemblea Nacional Grega: Proclamación da Independencia.



[Bonito texto,verdade? Bueno, o de unirse ó resto dos cristiáns europeos chirría un pouco (polo menos na miña opinión), pero a esencia do texto reflicte unha forza espectacular, e un desexo de liberdade e independencia que algúns desexamos tamén para a Galiza]

12 comentários:

FiestraBaldeira disse...

Bonito texto! É certo que proclama certas cousas que a vista de todos nós soan a gloria: liberdade, non á escravitude, independencia... Pero a que prezo temos que conseguir esos ideais? Coa guerra armada, o que implica falta de liberdade e escravitude? Ese é o principal problema de moitos "libertadores" actuais, que empregan o seu despotismo camufrado para combatir outro. En canto ó tema da independencia...Obxectivamente non a vexo viable, en termos económicos sobre todo, que aínda que son os menos "enxebres" son os que levan, ou non, adiante unha nación.BIkos Vero. Temos que falar xa!!! que aínda imos ter que ir a patas...........

Veraeikon disse...

Non ves viable a independencia? Sobre todo en termos económicos???? HOME POR FAVOR! Se nos deixaran jobernar as nosas cousas, outro jalo cantaría! Pq véñennos a jobernar dun sitio onde non teñen nin puta idea do q é unha ameixa repotuda, e incluso onde pensan q nas bateas vive xente! HOME NON ME FODAS!!!!!!;)
Recórdoche tamén q somos os q máis electrisidade proporsionamos do estado, e tm os q máis pajamos. Sijes a pensar q a independensia non é viable en termos económicos???????????

Eu xa mirei billetes! Pero temos q kedar para collelos ou non! Pq vai chejar o día e imos ter q faser como o de Dragon Ball!;) Bikiños, quéreseche,xitano!

Zape (entre outras muitas cousas) disse...

A independéncia non se mide en termos económicos, porque pertence ó eido da dignidade histórica.
E ainda empregando termos económicos, o que di Vero da electricidade é certo. E temos unha terra fértil, e podemos levantar un Estado soio coa forza da nosa vontade.
Os patriotas irlandeses pensaban que o Ulster separado de Eire non era viábel. Por desgraza, enganaron-se. Pero dese exemplo negativo podemos tirar nós un positivo. Galiza é pequena? Non máis có Ulster. Galiza é probe? Non máis do que o era Eire.
Nefeito, o da unión cristiá chirria pero hai que pensar na época e o mesmo Castelao no seu Sempre en Galiza ten ramalazos.
Eu penso que a longa história de Galiza é unha série reiterada de despropósitos e erros que nos levan á situación actual, unha pátria en crise sen direito a ter unha vida própria. E por pura dignidade, por pura honra ós devanceiros, polo puro desexo irredento de reparar o noso devir, e, en fin, polo direito a existir, debemos pular por unha Galiza independente e socialista. Soio así poderemos dar a volta, ollar ó camiño andado onde xacen os ósos dos loitadores pola liberdade e dicir, "do Caurel a Compostela por terras liberadas": Non, a forza do noso amor non foi inútil.

Viva Galiza ceibe e socialista


"Galicia
Será a miña xeneración que te salve?
Irei un día do Caurel a Compostela por terras liberadas?
Non, a forza do noso amor non pode ser inútil"
Uxío Novoneyra

FiestraBaldeira disse...

Non quero entrar en discusións de dubidusa resolución. Mais quero e debo dicir que con esa mentalidade onde o que prima é unha independencia e non o que a xente poida necesitar ou querer non imos parar a ningunha parte. A min tamén me gusta a idea dunha Galicia fóra de España, pero é o que somos, non precisamos ningunha independencia porque xa a temos, somos diferentes e propios o que nos singulariza fronte ó resto da península. Agora ben, polo menos eu, non preciso ningún papel que me xustifique que eu son e serie galego. Que exista xente que o precise, moi ben, respétoo, pero a min non me fai ningunha falta, porque seguramente me sinta e sexa máis galego que calquera dos que proclama unha galiza independente sen máis, sen ter en conta ás persoas e tratando a galicia como un ente con capacidade de decisión, cando non o é. Para min os galegos son tanto os que queren seguir unidos a España como os que se queren separar, o que nos leva a que Galicia seguirá sendo a mesma unida ou separada de España. Un Saúdo.

Zape (entre outras muitas cousas) disse...

Creo que apontaches ben o problema: se Galiza é ou non un ente de decisión. Ben, eu penso que si, pois poderia-se preguntar se España é un ente de decisión, cousa aceptada a dia de hoxe. E porque vou ter eu direito a decidir como español e non como galego? Eu coido que Galiza é un ente decisório máis válido ca España, xa que é unha "nación natural" (imos chama-la así) e España un estado, unha "nación artificial", froito da vontade unionista e uniformizadora -velaquí o problema- dunha elite de fala castelá (e digo de fala castelá porque entre eles houbo e hai tamén galegos, vascos, cataláns...).
A respeito de que Galiza será igual separada ou unida a España... pois eu penso que non, en absoluto. Porque nunha Galiza independente teremos, pra empezar, todo un aparello xurídico co que defender a nosa cultura e meios de vida, e teremos unha voz própria entre os estados do mundo.
E si que teño en conta ás persoas: se eu fose nacionalista galego e arrenegase do pobo non estaria se non a perde-lo tempo. Respeito que a dia de hoxe a independéncia é unha opción mal valorada polo pobo galego. Pero reservo-me o direito a pular por que esa ideia vaia entrando nos miolos da nosa xente.
Encantaria-me legarlles ós meus netos en herdanza un feixe de poemas e unha terra independente. Pra que Sangenjo e La Coruña non fosen máis ca ecos dun pasado a esquecer.

FiestraBaldeira disse...

Moi dacordo co que dixeches pero sego a pensar que Galicia segue e seguirá a ter voz propia no mundo sexa ou non sexa independente. O que quero dicir e que non fai falta un órgano xurídico, nin nada polo estilo para que Galicia se converta en independente porque xa o é, non precisa de papeis que llo recorden, porque xa o sabe. E si, recoñezo que a España se lle está a valorar como un ente con decisión propia por iso non quero que fagan o mesmo con Galicia. Un Saúdo. Alégrome que poida falar con alguén destes temas, porque hai xente que nin se formula o problema.

FiestraBaldeira disse...

Un saúdo a vero. :)

Zape (entre outras muitas cousas) disse...

"As nogueiras e castiñeiros que dan oxe noces e castañas, nonas prantáchedes vós. Foron vosos abós. Eles o fixeron acordándose de vosoutros e pra vosoutros. Tendes a obriga de facer o mesmo. E se ademáis de arbres que dean froito deixades en herdo aos vosos fillos unha Terra libre dentro do estado Español, faredes unha santa e redentora obra."
Esquecera este textiño tirado do Catecismo Solidário dos nosos agraristas. Ten xusto cen anos e na miña etapa confederalista consideraba-o sagro. Agora que son independentista non deixo de recoñecer-lle que en escasas liñas di verdades como puños.
Ben sei que a independéncia non é o noso bálsamo de Fierabrás que curará todos os males da nosa terra, porque a liberdade mal xestionada pode levar á ruína. Ben sei que hai patriotas que non desexan a independéncia. Un exemplo de galego moi lúcido que se situa nos eidos do confederalismo é o noso bo compañeiro Duarte. Un exemplo de patriota loitador, irredento, independentista é Santi. E hai patriotas mesmo entre os autonomistas. Ti mesmo non sei que te consideras, pero nos teus comentários dis un par de cousas que penso que amosan un compromiso con Galiza ou con Galicia, que á fin e ó cabo vimos falar do mesmo.
A onde quero chegar? A independéncia non é a única opción prá nosa Terra. Sen dúbida. Mais penso que é a que millor. Porque penso que na verba independéncia van as verbas liberdade e futuro.



PD: Carallo, como estamos a encher isto de comentários!!!!! XD

Veraeikon disse...

Vaia! Creo q é a 1ª ves q unha postagen miña leva a tanto comentario,jeje. Jrasias Ricardo polo saúdo ;), xa pensei q me olvidábades aki e todo!!!!jeje.
BUeno, eu a miña opinión xa ambos a sabedes asi q............ INDEPENDESIAAAAA! jajajajaja. Mil beijos ós dous. Coidádevos e bótasevos de menos!

Ildara Enríquez disse...

uh! uh! actualiza!

Anónimo disse...

o.O pois si que deu pra moito a entrada esta eh??
Por onde me andas veraeikon?? inda non volveches as nosas terras??
Eu estiven traballando de azafata a semana pasada, para aforrar cartiños e tal. Quen me ia dicir a min que ía acabar traballando de azafata?? xDDD
Bueno, que sepas que me fixen blogger aahahahha sip, agora teño 3 blogs: 2 en inglés e un en castelán, fáltame un en galego, pero non nos apuremos, a todo se chegará XD

Bikos rula ^^

Unknown disse...

Paco e fiestrabaldeira debatiron o que tantas veces ten debatido o nacionalismo galego sen ser quen de chegar a unha conclusión única e fiable: se Galiza é viábel económicamente sendo independente ou se non é viábel.
Galiza ten moitas potencialidades ainda non desenvolvidas. Eu penso que, por non estar desenvolvidas, Galiza non sería viábel. Pero dende outra perspectiva, sendo independentes, obrigadamente deben desenvolverse as nosas potencialidades, porque así o demandaría o próprio mercado económico e social.
En calquera dos dous casos sempre falamos de viabilidade económica mantendo o nível de vida actual, pois outros estados son moito máis pobres e son viabeis.
E é por isto polo que eu son independentista: Porque poida que inicialmente o nível económico de Galiza baixase, mais obrigaría ao noso país a espertar, a ter que valerse por si mesmo, obrigándonos a desenvolver todas as nosas potencialidades, medrando. Se seguimos baixo a tutela do estado español non imos a desenvolvernos, porque estamos dormidos, acomodados, e papá estado non vai facer nada para que espertemos máis ca cantarnos cancións de cuna, por se acaso. E o pouco que medremos será a costa de intereses estatais que en case nada van beneficiar a Galiza.
Por iso viva a Galiza ceibe.
Ceibe e democrática. E nunha democracia, paco, hai socialismo e liberalismo, altérnanse as esquerdas e as dereitas. Pero sempre se sigue a ser ceibe.
Un saúdo e perdoade pola extensión do comentario.