sábado, 20 de outubro de 2007

Carta prohemio do Marqués de Santillana ao Condestábel don Pedro de Portugal. Ano de 1449:


"E después fallaron esta arte que mayor se llama e el arte común -creo- en los Reynos de Gallizia e de Portogal, donde no es de dubdar quel exerçiçio destas sçiençias más que en ningunas otras regiones e provinçias de la España se acostumbró en tanto grado que non ha mucho tienpo qualesquier dezidores e trobadores destas partes, agora fuessen castellanos, andaluzes o de la Estremadura, todas sus obras conponían en lengua gallega o portuguesa: e aun destos es çierto resçebimos los nonbres del arte, asý commo maestría mayor e menor, encadenados, lexaprén e manzobre.
Acuérdome, señor muy magnífico, syendo yo en hedad no provecta, mas asaz pequeño moço, en poder de mi abuela doña Mençía de Çisneros, entre otros libros, aver visto un grand volumen de cantigas, serranas e dezires portugueses e gallegos; de los quales, toda la mayor parte era del Rey do Dinís de Portugal -creo, señor, sea vuestro visahuelo-, cuyas obras, aquellos que las leýan, loavan de invençiones sotiles e de graçiosas e dulçes palabras. Avía otras de Johán Suares de Pavía, el qual se dize aver muerto en Galizia por amores de una infanta de Portogal, e de otro, Fernán Gonçales de Senabria. Después dellos vinieron vasco Peres de Camoes e Fernán Casquiçio e aquel grande enamorado Maçías, del qual no se fallan syno quatro cançiones, pero çiertamente amorosas e de muy fermosas sentençias, conviene a saber:
Cativo de miña tristura,
Amor cruel e brioso,
Señora, en quien fiança e
Provey de buscar mesura".
Para que logo digan que o galego nin é lingua tan sequera. Pois todo aquel que pense iso, por favor, que lea esta carta e darase conta de que a NOSA LINGUA se usaba en todo o Estado cando se trataba de cultura. Era a lingua culta para a escritura de poemas e cantigas xa dende o século XV. O problema veu logo cando nos oprimiron e relegaron a nosa fala a ámbito familiar e coloquial. "A doma e castración do Reino de Galicia".
Aquel que siga coa mosca detrás da orella e non crea o que lle conto, que faga o favor de documentarse e de estudar un pouco de historia!
Para rematar gustaríame por uns versos dunha canción de Mercedes Peón que di:
"O galego que non fala a lingua da súa terra
non sabe o que ten de seu, non sabe o que ten de seu (...)
Perdidiño pola vida
rexeita a súa lingua
sabendo que vén datrás.
Sabendo que vén datrás
da nosa xente querida
e inda hoxe falámola.
Falámola naturalmente,
falámola como a nosa xente
non nos podemos queixar".

3 comentários:

FiestraBaldeira disse...

A verdade é que é unha pena que a lingua galega pasara dese estatus para despois desaparecer e quedar subordinada a outras linguas. Cousas así fan que a nosa lingua teña máis sentido pero por desgracia non é tan sinxelo. Como xa che comentei a ti en persoa e agora deixo aquí en aberto, meu primo sufre, a día de hoxe, mofa dos seus compañeiros de colexios (nenos de 10 anos) polo simple feito de ser o único que fala galego. E teño que dicir que é moi difícil ver como o teu primo con esa idade, coas bágoas nos ollos, che diga que non pode falar galego porque se rin del. Por sorte, non se deixa levar e el segue a falar o galego, e a ser un dos mellores da clase jj.Segue así Vero, que vendo á vella do outro día...precisamos xente coma ti que defenda ós galegos falantes.
Un bikos do Amigo=Pino (Tomareino coma cumprido). Pero, qué é iso de "coma un pino"? Sempre se di, pero que orixe terá? Estamos sós non mundo? Onde está Kyle XY? Por que non podo parar de facer preguntas estúpidas? .................jajaj.
Bikos

Veraeikon disse...

Jajajajajaja! Tolo q es!
Non sei a q vén pero na miña casa dise moito! E ti xa es parte da miña casa. Como ti me dixeches onte q era coma a irmá q nunca tiveras, Ti TM es un irman pa min! Q aínda q teño un (ó q quero moitísimo) ter outro non está nada mal! E podo asejurarche q nunca tiven amijos do sexo oposto tan bos coma ti! Es un sol de neno, e un amor de persoa!
Quéreseche moito,pichón! Bikos!
P.S. E por suposto q defenderei a lingua galega ata onde faja falta. Vellas coma as do outro día só aumentan as miñas janas de loitar e de faserme máis rebelde,hahahaha!
Como disía a cansión: "Eu son rebelde pq o mundo me fixo así (...)". hahahahaha

Anónimo disse...

Vero, ti non es rebelde. Rebeldes son todos aqueles que renegan da súa cultura, do seu país, das súas xentes, dos seus ancestros. Aqueles que prefiren todo o que soe a estranxeiro porque non teñen autoestima, porque se avergoñan de ser o que son e o que serán: galegos! Coma ti e coma min, gústelles ou non.
Por outra banda, non vos desanimedes, que as linguas universais foron cambiando ao longo da historia e han seguir mudando. Non fai moitos anos nos institutos estudiábase francés, e agora ese idioma só queda reservado ao ámbito xeográfico dos prostíbulos. Fai anos púxose de moda o alemán, pero antes de que a moda se asentase nos estudios xa pasou a segue a non estudiarse. Algún día alguén verá que o futuro non está en coñecer un idioma universal, senón en coñecer o idioma do país co que fas negocios. E con quen facemos negocio os galegos? Fundamentalmente con Portugal, xa que eles son os nosos principais exportadores e importadores. E quen sabe portugués? Ninguén, desprezando ademais esa lingua, que tamén o é nosa. Se a iso engades que o francés e o italiano son moi semellantes ao noso, co esforzo que facemos en non aprender inglés, dominaríamos o portugués, francés e italiano, ademais do galego e o español, claro.
E, xa para rematar, para que o galego volva a esa época de esplendor literario, nada mellor ca escribir boa literatura galega. Nas nosas plumas está.