domingo, 3 de junho de 2007

O poema !

Onte dixen que ía escribir os versos do poema de Rosalía pero a "postagen" foi sen el. Como prometera, velaquí está:

Non coidarei xa os rosales
Que teño seus, ni os pombos:
Que sequen, como eu me seco;
Que morran, como eu me morro.

Como poden 4 versos de nada ter tanta expresividade? Non vos gustan acaso? Facédemo saber, si? Mil bicos para todos; aquí, unha enxebre porase a estudar en breve.

5 comentários:

amarante disse...

Bonito e á vez triste poema.

:)

Veraeikon disse...

Triste? Claro! Moito, moitísimo! Pero é tan expresivo!!! E só con 4 versos!!!! Presioso!
Bicos ;)

Zape (entre outras muitas cousas) disse...

Falando de catro versos de Rosalia, que queres que che diga... son-che moi bonitos eses, mais eu persoalmente prefiro estes:

Probe Galicia, non debes
chamarte nunca española,
que España de ti se olvida
cando eres, ¡ay!, tan hermosa.


Como di algunha, xente será que todo o levo a política, pero pra min eses son os millores catro versos que escribiu Rosalia.

Saude!

Veraeikon disse...

Pode ser q sempre leves todo á política, é máis, SEMPRE levas todo á política. Non está mal,sabes? Pero tamén hai outras moitas cousas denunsiables e para min, sendo muller , vexo q Rosalía denunsia esas cousas q ningunha muller da súa época foi quen de denunsiar.
Q queres q che dija, viva todo os versos de Rosalía,jeje.
Ale, sortiña e ánimo para os exames.

FiestraBaldeira disse...

Ola compañeira veraeikon, aquí me tés, no mundo do blog. Non sei moi ben o que fixo que me adentrase pero agora xa está. A verdade e que tiña ganas xa de publicar as miñas cousiñas pero co pouco tempo que tivemos neste curso pois.....pero agora que estamos máis descansados, fíxeno jajaja. Bueno bikiños.